Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección comercial II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Requírese a asistencia e participación activa do alumnado na aula a través de exposicións, resolución de exercicios, debates e outras actividades. Recoméndase ao estudante que traballe previamente o material entregado polo profesor e que se consulte a bibliografía recomendada para completar a información co fin de seguir as explicacións.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas, casos prácticos, proxectos de aprendizaxe e/ou exercicios relacionados coa materia. Nuns casos o alumnado debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante os exercicios de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Noutros, trátase dunha actividade dos estudantes que inclúe a procura e recompilación de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, aplicación dos coñecementos e habilidades en proxectos colaborativos en grupos interdisciplinares, etc. Ademais realizarase a exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou o grupo de estudantes. Pode ser levada a cabo de forma individual ou en grupo.
Seminario Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvo de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan aos estudantes, traballando en equipos (que poden ser colaborativos e interdisciplinares), a problemas abertos. Permiten entrenar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe cooperativa, de liderazgo, de organización, de comunicación e de fortalecemiento das relacións personais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000