Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección comercial II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Debido a que a guía docente está pranteada tanto para unha docencia presencial como non presencial, mantéñense todas as metodoloxías, pero o desenvolvemento das actividades e tarefas propostas realizarase de forma virtual en lugar de presencial.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
A avaliación realizarase de maneira virtual en lugar de presencial.
O exame poderá incluír preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, etc.) así como preguntas curtas, numéricas ou de ensaio. Os alumnos seleccionan unha/ s resposta/ s entre un número limitado de posibilidades e/ou responderán a cuestións ou exercicios que se lle expoñan.
Poderase solicitar ao alumnado incluir PDFs ou outro tipo de arquivo/s, como proba/s do/s exercicio/ s ou outras tarefas realizadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000