Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supuestos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Derecho Administrativo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo
alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais,
serán evaluados polo docente durante todo o cuadrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 10%.
10 A1
A2
A3
A4
A5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en
cada test suporá un 10% da nota final. En ningún caso a superación dos devanditos cuestionarios liberará da realización do exame final. As datas de
celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no
cronograma da materia.
20 A1
A2
A3
A4
A5
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha prueba/exame
final. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos
da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida
nesta proba supoñerá o 30 % da nota final. Esta proba realizarase na
data sinalada no cronograma.
30 A1
A2
A3
A4
A5
Práctica de laboratorio Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha
proba/exame
final. Trátase dunha proba/exame práctico consistente na resolución,
por escrito,
dun ou varios supostos prácticos aos que alumnado aplicará os
coñecementos prácticos adquiridos durante o cuadrimestre. A cualificación
obtida nesta supoñerá o 40 % da nota final.
40 A1
A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema
de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. En caso
contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. Para aprobar a materia é necesario obter un
mínimo de 5 entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse nas dúas probas
finais será de 7, sumándose á puntuación obtida no devandito exame a que correspondese á avaliación continua.
Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das probas
finais.
b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ou renuncien ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun
único exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da
materia e representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE JULIO: Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria común do mes
de decembro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria
do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o/a alumno/a tería
que someterse un novo proceso de avaliación continua.
CONVOCATORIA FIN DE CARRERA: 
Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único
exame escrito, de carácter teórico e práctico, que representará o 100 por 100 da nota final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web
http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es.
Non está permitido levar ao exame ningún dispositivo electrónico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000