Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Teoría da organización
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Proba obxecto de avaliación continua. Consiste na
resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións
expostas, guiadas e supervisadas polo
profesorado sobre a materia. Avaliarase a
participación do alumno e a súa capacidade de integración
dos conceptos desenvolvidos en clase
20
Presentación Exposición oral por parte do alumnado dun tema
concreto ou dun traballo (previa presentación
escrita).
15
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba para avaliar os coñecementos adquiridos
polo alumnado sobre a materia. A resposta debe
ser breve. Terase en conta a capacidade de entendemento,
de relación entre conceptos e de aplicación
a distintas situacións e continxencias,
por parte do estudantado.
50
Traballo Realización por parte do alumnado dun traballo
escrito sobre un tema concreto. Avaliarase a súa
capacidade de aplicar os conceptos asimilados nas
clases maxistrais a situacións nun contexto real
ou similar.
15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación da materia por defecto será a avaliación continua. A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc, e os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar se explicitarán nas sesións correspondentes.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar por un único cambio a un sistema de evaluación non continua no que será avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria.

As datas dos exames da materia poderán ser consultadas na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas - Grao en Dereito impartese no 2º cuadrimestre do terceiro curso e o profesorado responsable está integrado por Fernando Comesaña Benavides e José Santiago Gómez Fraiz.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000