Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
Materias
Teoría da organización
Avaliación
Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Proba obxecto de avaliación continua. Consiste na
resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións
expostas, guiadas e supervisadas polo
profesor sobre a materia. Avaliarase a
participación do alumno e a súa capacidade de integración
de *lso conceptos desenvolvidos en clase
20
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado dun tema
concreto ou dun traballo (previa presentación
escrita).
15
Probas de resposta curta Proba para avaliar os coñecementos adquiridos
polo alumno sobre a materia. A resposta debe
ser breve. Terase en conta a capacidade de entendemento,
de relación entre conceptos e de aplicación
a distintas situacións e continxencias,
por parte do estudante.
50
Traballos e proxectos Realización por parte do alumno dun traballo
escrito sobre un tema concreto. Avaliarase a súa
capacidade de aplicar os conceptos asimilados nas
clases maxistrais a situacións nun contexto real
ou similar.
15

Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía está pensada para a modalidade presencial. A nota obtida polo alumno na parte

presencial terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico.

A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en

grupo, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de

probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2016-17:  http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201718.html

No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web do centro.

Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas - Grao en Dereito impartese no 2º cuadrimestre do terceiro curso e o profesorado responsable está integrado por Fernando Comesaña Benavides e José Santiago Gómez Fraiz.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000