Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos, na realización de presentacions, resolución de problemas, casos e exercicios nun tempo e condicions establecidos polo profesorado ó longo do periodo lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese coas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
21.43
Prácticas de laboratorio Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos, a toma de decisión coherentes, na resolución de problemas e exercicios nun tempo e condicions establecidos polo profesorado ó longo do periodo lectivo.
A aplicación desta técnica correspóndese coas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
28.57
Lección maxistral Avaliarase a comprensión da materia, a adquisición de competencias de coñecemento, e destreza na práctica, a través de varias probas de avaliación con contido teórico e práctico, formuladas polo profesorado ó longo do periodo lectivo. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado
mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por
unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC e a
descrición desta guía está pensada para esta modalidade de avaliación. O
alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido, que
será publicado no MooVi da materia. A elección de AG supón a renuncia ao
dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á
cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron
lugar. 

Sistema de Avaliación Continua (AC)
a. Sistema de avaliación: realizaranse ao
longo do curso varias probas vinculadas á metodoloxía da lección maxistral, e
todas as probas terán a mesma ponderación e suporán en total o 50% da nota
final de AC. Ademais, realizaranse varias actividades avaliables relacionadas
coa metodoloxía de prácticas de laboratorio e de estudo de casos. Todas as
actividades avaliables realizadas nos grupos medianos terán a mesma ponderación
e suporán en total o 50% da nota final de AC. As probas/actividades avaliables
non realizadas contarán como cero.
 b. O alumnado que sexa avaliado no
réxime de avaliación continua terá a posibilidade de superar a materia e de
obter o 100% da nota. Superarase a materia sempre e cando a nota final da
materia seguindo o sistema establecido no apartado anterior (apartado a) sexa
maior ou igual a 5 puntos sobre 10.
c. É obrigatoria a asistencia ás clases nas
que este programada unha proba/actividade avaliable. A programación das
probas/actividades avaliables estará a disposición do alumnado no MooVi da
materia.
d. Considerarase que o alumnado se ten
presentado á avaliación continua cando se teña presentado a algunha das
probas/actividades de avaliación desta modalidade.
e. A concreción das actividades de avaliación
continua a realizar dependerá en gran medida do número de estudantes, así como
da dispoñibilidade de medios.
f. As actividades de avaliación continua só
se poderán entregar nas datas e sesións establecidas ó efecto, debendo cada
estudante asistir ó grupo que teña asignado para a realización das mesmas. O
cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado polo profesorado.
g. Se a persoa estudante non supera a materia
por avaliación continua, poderá presentarse ó exame de avaliación global da
convocatoria ordinaria (convocatoria de febreiro I cuadrimestre). Nese caso, a
nota final do curso (primeira oportunidade) será a suma da nota obtida no
sistema de AC (apartado a do sistema AC), cunha ponderación do 60% sobre o
total, e da nota obtida na proba de avaliación global, cunha ponderación do 40%
do total. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior
a 5 puntos sobre 10.
h. Na segunda oportunidade (convocatoria
extraordinaria de xullo) a persoa estudante deberá presentarse ó exame de
avaliación global da segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de
xullo). Dito exame de avaliación global versará sobre a totalidade da materia. A
nota final da materia será a maior das dúas seguintes: 1) a nota do exame de
avaliación global da convocatoria extraordinaria de xullo (segunda
oportunidade), cunha puntuación máxima de 10 puntos, ou 2) a suma da nota
obtida no sistema de AC (apartado a do sistema AC), cunha ponderación do 60%
sobre o total, e da nota obtida na proba de avaliación global, cunha
ponderación do 40% do total. En calquera caso para aprobar a materia será
preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
i. Na convocatoria de fin de carreira o
alumnado será avaliado cun exame de avaliación global cunha puntuación máxima
de 10 puntos. Para aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou
superior a 5 puntos sobre 10. Dito exame versará sobre a totalidade da materia.
 
Proba de Avaliación Global (AG)
a. Tanto na primeira oportunidade
(convocatoria do I cuadrimestre) como na segunda oportunidade (convocatoria
extraordinaria de xullo), e na convocatoria de fin de carreira o alumnado será
avaliado cun exame final cunha puntuación máxima de 10 puntos. Para
aprobar a materia será preciso obter unha nota igual ou superior a 5 puntos
sobre 10. Dito exame versará sobre a totalidade da materia.

 

Os estudantes que non participen na AC nin na
AG, figurarán nas actas como "non presentados". 

As datas e horas das probas de AG (de
primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de
conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na
web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. 

OBSERVACIÓNS

1. Recoméndase que o alumnado asista ás
clases con regularidade, e ás titorías cando o precisen e se impliquen
activamente no seu proceso de aprendizaxe. É responsabilidade do alumnado
consultar os materiais dispoñibles na plataforma MooVi e estar ó tanto dos
avisos e das datas de realización das diferentes probas/actividades de
avaliación. O sistema de concertación de titorías figurará no MooVi da materia.
2.
Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos),
do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)
3. Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles,
ordenadores portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes
deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesorado.
4. Os teléfonos móbiles deben estar pechados
na realización das probas e o alumnado non debe ter consigo reloxos e demais
dispositivos intelixentes na realización das mesmas, agás autorización expresa
do profesorado.
5. Non está permitido comer nin beber (agás
auga) na clase.
6. É imprescindible asistir ás sesións de
aula co material necesario para o seu desenvolvemento (tales como manual,
apuntes, enunciado da práctica, entre outros).
7. Para a realización dos exames só se
permite o material indicado polo profesorado.
8. A persoa estudante deberá presentarse ao
exame debidamente identificada, co D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non
sendo válido outro documento.
9. Tódalas probas/actividades avaliables deberán
ser entregados a súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados
fora da aula, nin fotografados nin gravados polo alumnado.
10. A revisión de exames terá lugar só no
horario e lugar do centro establecido polo profesorado.
11. No caso das actividades docentes que se
leven a cabo por medios telemáticos véxase https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
No caso de incumprimento das normas
anteriores, o profesorado poderá adoptar as medidas que estime oportunas.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000