Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Avaliarase a comprensión da materia, a aplicacion de técnicas específicas axeitadas, a argumentación, a capacidade de transmisión de contidos, na realización de presentacions, resolución de problemas, casos e exercicios nun tempo e condicions establecidos polo profesor/a.
A aplicación desta técnica será presencial e correspóndese coas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
50
Lección maxistral Avaliarase a comprensión da materia mediante unha proba escrita presencial, ao final do cuadrimestre, sobre a adquisición de competencias de coñecemento, destreza na práctica, na que se inclúen preguntas de desenvolvemento, preguntas cortas, problemas, e/ou actividades a resolver nas que o alumno/a debe plasmar os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación excluintes: o sistema de avaliación continua e o sistema de avaliación non continua.

O sistema de Avaliación non continua,
para as convocatorias ordinaria e extraordinaria consistirá nun examen
final a realizar na data e hora establecido polo Decanato da Facultade
de Ciencias Económicas e Empresariais, cunha puntuación máxima de 10
puntos. Dito examen constará dunha parte teórica e dunha parte
práctica, coa finalidade de avaliar a totalidade da materia.

O sistema de Avaliación Continua: a cualificación da avaliación continua será a suma de:

-
multiplicar por 50% a media das notas obtidas nos controis sobre os
casos e problemas propostos ó longo das clases prácticas. A puntuación
máxima que é posible acadar é por tanto de 5 puntos sobre a nota final.

-
E multiplicar por 50% a nota obtida nun exame ó final do cuatrimestre
no que se avaliará o resto da materia non avaliada nas clases prácticas,
e que se realizará nas datas oficiais das convocatorias ordinaria e
extraordinaria fixadas polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas
e Empresariais. A puntuación máxima que é posible acadar é por tanto de
5 puntos sobre a nota final.

A nota obtida polo alumno/a nas
distintas actividades da avaliación continua, a excepción da nota do
exame final, terá vixencia para as convocatorias ordinaria e
extraordinaria de cada curso académico.

As actividades de
avaliación continua só se poderán entregar nas datas e sesións
establecidas o efecto, debendo cada alumno/a asistir ao grupo que teña
asignado para a realización das mesmas. O cambio de grupo neste caso
deberá ser autorizado polo profesor/a.

IMPORTANTE: O alumno/a
poderá elixir entre os dous sistemas de avaliación. Nos primeiros 15
días do cuatrimestre habilitarase un único prazo para que o alumno/a
solicite a avaliación NON CONTINUA, renunciando por tanto ao sistema de
avaliación continua.

Os exames das convocatorias ordinarias e
extraordinarias desta materia terán lugar na data, hora e lugar
establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais.

O calendario de exames publícase ó inicio do curso
polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, pero
dito calendario pode ser modificado ao longo do curso por algún
imprevisto. Consulten a páxina web da facultade, por se hai cambios.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

RELACIÓN DE BOAS PRÁCTICAS:

1.
Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores
portátiles, tablets ou similares nas sesións de traballo. Estes deben
estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

2.
Os teléfonos móbiles deben estar pechados na realización das probas e o
alumnado non debe ter consigo reloxos e demáis dispositivos intelixentes
na realización das mesmas, agás autorización expresa do profesor/a.

3. Non está permitido comer nin beber (agás auga) na clase.

4. É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.

5. O plaxio total ou parcial nas actividades entregadas levará a invalidación das mesmas.

6. Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

7.
O alumno/a deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co
D.N.I, pasaporte ou carné de conducir, non sendo válido outro documento.

8.
Tódolos exames e probas puntuables deberán ser entregados a súa
finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

9. A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a.

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptar as medidas que estime oportunas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000