Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección de recursos humanos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos Formulación, resolución, presentación e debate de exercicios/cuestións/problemas/casos prácticos por parte do alumnado, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesorado. O alumnado debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, fórmulas ou algoritmos específicos e axeitados, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa disciplina. O alumnado debe desenvolver de forma autónoma a análise e a resolución dos problemas e/ou exercicios polo que é preciso que o estudantado traballe previamente o material explicado polo profesorado.
Prácticas de laboratorio Exercicios de aplicación práctica de diversas técnicas por parte do alumnado a través das TIC específicas en aulas de informática, de forma individual ou en grupo, baixo a proposta, guía e supervisión do profesorado.
Estudo previo Traballo autónomo do alumnado que consistirá na procura, lectura e traballo de documentación, preparación e propostas de resolución de problemas e/ou exercicios, así como na preparación de probas avaliables.
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxeto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicios ou proxectos que debe desenvolver a persoa estudante. Requírese a participación activa do alumnado na aula. Ademais soe ser necesario que o estudantado traballe previamente o material entregado polo profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000