Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito civil II. Dereitos reais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas sobre os temas explicados. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa 70 A2
A4
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou caso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución 20 A3
Traballo Resumos e/ou cronogramas e/ou exposicións e debates grupales 10 A3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Entenderase que o alumnado na avaliación continua deberá obter para poder compensar unha parte que outra, un 3 sobre dez nos casos e un 4 sobre dez na proba de contidos, sen que ningunha das preguntas teña unha valoración inferior a tres puntos sobre dez, sendo polo menos una das preguntas longas composta por dúas opcións das cales se escolle unha. 

 O alumnado que non se acolla á avaliación contínua por deixala, por non poder asistir ou por calquera outro motivo, deberá facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementada nun respecto daqueles que optasen pola avaliación continuada cun valor do 70% da cualificación e, ademais, uns casos cun valor do 30% da cualificación non realizando nin traballos nin proxectos. Deberá obter para poder compensar unha parte con outra, un 3 sobre dez nos casos e un 4 sobre dez na proba de contidos (sen que ningunha pregunta teña unha valoración inferior a tres puntos sobre dez, contando polo menos unha pregunta con dúas opcións da que se responderá unha).
 No mesmo curso gardaranse as notas da avaliación continua do primeiro período para o segundo pero non para os posteriores cursos.
 O sistema de avaliación en segundo período, será igual que no primeiro período, segundo sígase a avaliación continua como para aqueles que non a sigan, podendo conseguir ambos o 100% da cualificación.
 A bibliografía básica ten un carácter meramente complementario das explicacions impartidas nas aulas polos docentes.
 Convocatoria Fin de Carreira: O alumno deberá facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementada nun respecto daqueles que optasen pola avaliación continuada cun valor do 70% da cualificación (sen que ningunha pregunta teña unha valoración inferior a tres puntos sobre dez, (contando polo menos unha pregunta con dúas opcións da que se responderá unha);e, ademais, uns casos cun valor do 30% da cualificación, e dicir cos mesmos porcentaxes indicadas para o primeiro período para o alumnado da avaliación continua. Deberá obter para poder compensar unha parte con outra, un 3 sobre dez nos casos e un 4 sobre dez na proba de contidos.

 Alumnado con necesidades especiais: realizarase a adaptación curricular que veña dada por tales necesidades de acordo co suxerido polo coordinador de discapacidade por aplicación do correspondente protocolo.

As datas e horarios das probas publícanse na web da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no calendario de probas de avaliación aprobadas pola Xunta da Facultade.

Na simultaneidade ADE/Dereito impartirase a docencia pola profa. Lydia Noriega Rodríguez. As datas e horarios das probas publicaranse na páxina web da Facultade no calendario de probas de evaluación aprobadas pola Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000