Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O sistema de avaliación ao que pode optar o alumnado é de dous tipos: Avaliación continua ou avaliación global.
Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se imparte a asignatura, habilitaráse un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua.
A asistencia ás clases prácticas é un factor esencial que se valora no proceso de avaliación continua. É preciso ter asistido ao 75% das clases prácticas para poder acceder ao sistema de avaliación continua. No caso de que por calquera motivo o alumnado non poida asistir ao 75%, non poderá participar no sistema de avaliación continua, debendo realizar un único exame final.
A proba de resolución de problemas e/ou exercicios consistirá nun exame escrito no que o alumnado debe resolver un ou varios casos prácticos.
A data, horario e lugar de realización desta proba serán sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.
Na avaliación continua ésta constitue a terceira proba, sumándose as dúas probas tipo test que se explican no seguínte apartado, e supón o 40% da cualificación final da materia.
40 A2
A3
Exame de preguntas obxectivas 1ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciáis tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou varios casos prácticos, exposta anteriormente.
As dúas probas tipos test consistirán en sendos exames de 25 preguntas con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido de primeira proba tipo test indicaráse polo coordinador da materia na primeira semana do curso.
A cualificación de primeira proba tipo test supón o 30% da cualificación final da materia.


30 A2
A3
Exame de preguntas obxectivas 2ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciáis tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou varios casos prácticos, exposta anteriormente.
As dúas probas tipos test consistirán en sendos exames de 25 preguntas con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da segunda proba tipo test indicaráse polo coordinador da materia na primeira semana do curso.
A cualificación da segunda proba tipo test supón o 30% da cualificación final da materia.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Outros comentarios sobre a evaluación:

1.- OUTROS COMETARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se imparte a asignatura, habilitaráse un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua. 

2.- OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL:  Consistirá nun único exame, que incluirá a totalidade do temario e constitue o 100% da cualificación da asignatura. Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá  nunha proba tipo test de 50 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60% da cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou varios casos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación final. A cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

As competencias que se avalían  e os resultados de de aprendizaxe para o alumnado que non se somete a avaliación continua coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete a avaliación continua, salientando as seguíntes competencias CB2, CB3, CG1, CG2, CG3, CG4,CE43, CE44, CT1, CT5, e os seguíntes resultados de aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito Penal, coñecer as fontes do Dereito Penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito Penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría Xeral do Delito, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente a Teoría da Pena, coñecer e comprender os problemas sobre o concurso de leis e delitos, resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xurídicamente a solución.

3.- OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

Consistirá nun único exame , na data establecida no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o ano académico 2023-2024. Este exame, que incluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da calificación da asignatura, constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se puntuarán de 0 a 5 puntos cada unha. A parte teórica consistirá en probas de tipo test, para cuia calificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas, non puntuándose as deixadas en branco. A parte práctica consistirá en resolver un ou mais casos prácticos. A calificación final do exame será a suma das calificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da calificación de ambas partes.

As competencias que se avalían  e os resultados de de aprendizaxe para o alumnado que non se somete a avaliación continua coinciden cos establecidos para o alumnado que se somete a avaliación continua, salientando as seguíntes competencias CB2, CB3, CG1, CG2, CG3, CG4,CE43, CE44, CT1, CT5, e os seguíntes resultados de aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito Penal, coñecer as fontes do Dereito Penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito Penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría Xeral do Delito, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente a Teoría da Pena, coñecer e comprender os problemas sobre o concurso de leis e delitos, resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xurídicamente a solución

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no mesmo soporte telemático

4.- OUTROS COMENTARIOS SOBRE A AVALIACIÓN. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA

As datas, horarios e lugar de realización destas probas de avaliación serán sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

As titorías atenderase no horario de titorías habitual dos profesores publicado no centro. As titorías poderán consultarse e solicitar no enlace:http://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/manuel-arias-carral/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000