1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1.ª EDICIÓN DE ACTAS a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA Descríbese
nos apartados anteriores. b) SISTEMA DE EXAME FINALPara quen
non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia
consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado
pola Xunta de Facultade para o curso 2019-2020. O devandito
exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da
cualificación da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra
práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica
consistirá en probas tipo
test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan
as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica
consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final
do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para
superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da
cualificación de ámbalas dúas partes. 2. CRITERIOS
DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 2.ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA A avaliación da materia consistirá nun único exame
final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade
para o curso 2019-2020. O devandito exame, que comprenderá a totalidade do
temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de dúas
partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada
unha delas. A parte teórica consistirá en probas tipo test, para cuxa
cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas,
non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución
dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame será a suma das
cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é
necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas
partes. |