Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dirección de operacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Probas na que o alumno debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor (Ningunha delas suporá máis dun 40% da nota). Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. Correspóndense coas horas prácticas da materia recollidas nos grupos medianos.
50
Exame de preguntas de desenvolvemento Dúas probas (teoría 25% e práctica 25%) para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Probas de avaliación global (0 a 5 puntos). As probas realizaranse ó final do cuatrimestre. Estas probas constarán dunha proba teórica (25%) e dunha proba práctica (25%). Para superala será necesario obter unha nota igual ou superior ó 50% da puntuación total da proba de avaliación global e, como mínimo, o 40% da nota asignada a cada unha das partes teórica e práctica.

No caso de que o alumno teña solicitado no plazo establecido que a proba de avaliación global sexa sobre 10 puntos, nestas probas de avaliación global incluiráse unha terceira parte (0 a 5 puntos) que sustituirá ás probas intermedias da avaliación continua (os contidos e número destas probas estableceráse no calendario docente publicado no MooVi da materia). Para iso, nos primeiros 30 días do cuatrimestre habilitaráse a través de MooVi un único prazo para que o alumno poda solicitar que a súa proba de avaliación global conte con esta terceira parte e renunciar, polo tanto, ó sistema de avaliación continua.

- Avaliación baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de maneira individual, nas sesións prácticas (0 a 5 puntos). As actividades de avaliación continua nas sesións prácticas só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas, agás autorización explícita para algunha práctica dos profesores encargados da materia para asistir a outro grupo no que teña lugar a mesma práctica.

O alumnado que sexa evaluado en réxime de avaliación continua terá a posibilidade de superar a asignatura e de alcanzar o 100% da nota. Para eso, antes da realización das probas da convocatoria oficial existirá a posibilidade de realizar de maneira telemática dúas probas coas mesmas condicións, contidos e formato que a proba de avaliación global (0 a 5 puntos) e que se indicaron anteriormente. A materia aprobarase sempre e cando se supere esta proba de avaliación global e se alcance un mínimo de 5 puntos na materia.

Se o estudiante non supera a asignatura por avaliación continua, a aprobación da asignatura requerirá da aprobación da proba de avaliación global. Nese caso, a nota final da asignatura resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que suporá un 50% da nota final, e a nota obtida nesta proba, que suporá o 50% restante. No caso de non superar a proba de avaliación global, a nota final da asignatura será a obtida nesta proba expresada nunha escala de 0 a 10 puntos.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. Na convocatoria de fin de carreira a proba de avaliación global suporá o 100% da cualificación.

Os exames terán lugar na data establecida polo Decanato do centro. IMPORTANTE: O calendario de exames é publicado ó inicio do curso. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do mesmo por algún imprevisto. Prégase que consulten a páxina web da Facultade por se hai cambios no mesmo (http://fccee.uvigo.es).

O horario de titorías de cada profesor e o procedemento de solicitude das mesmas estará dispoñible no MooVi da materia.


BOAS PRÁCTICAS:

- Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

- Non está permitido comer nin beber (agás auga) durante as clases.

- As conductas inadecuadas, contrarias e perxudiciais para a convivencia e a súa corrección poderán ser sancionadas coa pérdida do dereito á evaluación continua do estudiante responsable.

- É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.

- Calquera evidencia de traballos e/ou probas plaxiados ou copiados, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico.

- Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

- O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou título de conducir, non sendo válido outro documento.

- Tódalas probas e exames deberán ser entregados á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

- A revisión de exames terá lugar no centro e só no horario e lugar establecido polo profesor/a.

-
No caso das actividades docentes que se leven a cabo por medios telemáticos,
véxase a seguinte información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptar as medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000