Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. |
50 |

A Avaliación do alumno realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (50% da nota final). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. O exame final constará dunha parte teórica e dunha parte práctica. Para superar o exame será necesario obter unha nota igual ou superior ó 50% da puntuación total do exame e, como mínimo, o 40% da nota asignada en cada unhas das partes teórica e práctica.

- Avaliación baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de maneira individual, nas sesións prácticas (40% da nota final).

- Avaliación baseada na participación do estudiante nas distintas actividades de carácter presencial (10% da nota final).

As actividades de avaliación continua só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada alumno asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas. O cambio de grupo neste caso deberá ser autorizado polo profesor/a.

Para superar a materia é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia.

O resultado da avaliación expresaráse nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame e das notas dos traballos realizados nas prácticas e as actividades presenciais. No caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10 puntos.

A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. O exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

IMPORTANTE: O calendario de exames é publicado ó inicio do curso polo Decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Non obstante, o calendario pode ser modificado ó longo do curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais por se hai cambios no mesmo (http://fccee.uvigo.es/calendario-exames-201718.html).

BOAS PRÁCTICAS:

- Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a.

- Non está permitido comer nin beber (agás auga) durante as clases.

- As conductas inadecuadas, contrarias e perxudiciais para a convivencia e a súa corrección poderán ser sancionadas coa pérdida do dereito á evaluación continua do estudiante responsable.

- É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento.

- Calquera evidencia de traballos e/ou probas plaxiados ou copiados, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico.

- Para a realización dos exames só se permite o uso de elementos de escritura e calculadora.

- O alumno deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou título de conducir, non sendo válido outro documento.

- Tódalas probas e exames deberán ser entregados á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula.

- A revisión de exames terá lugar só no horario e lugar establecido polo profesor/a.

No caso de incumprimento das normas anteriores, o profesor/a poderá adoptalas medidas que estime oportunas dentro da lexislación vixente.