Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito administrativo I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Nos "Seminarios" das clases presenciais tamén se proporá ao
alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos,
exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc. Estas actividades só serán avaliadas para
os/as alumnos/as que se sometan a avaliación continua. Nestes Semianrios valorarase a participación activa dos estudantes, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia non se valora.
35 A1
A3
A4
Lección maxistral Durante as clases maxistrais, ao fío das explicacións, exporanse aos estudantes preguntas ou supostos de feito para que o alumno desenvolver razoamentos ou deducións relacionados coa materia que se explica. Neste sentido avaliarase a asistencia activa do estudante nas clases maxistrais, é dicir, a asistencia máis a participación de activa calidade no seguimento das leccións da forma activa indicada. A mera asistencia non se valora. Se non se plantexasen preguntas nas sesións maxistrais, esta porcentaxe de avaliación acrecería ao das actividades específicas desenvolvidas nos seminarios. 5 A1
A3
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios O estudante terá que responder varias preguntas (de corte teórico e/ou práctico), para as que o profesor poderá, en caso de estimalo conveniente, permitir a utilización de textos legais. 60 A1
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para participar na avaliación continua será
requisito indispensable que o/a estudante suba a súa ficha de estudante á
plataforma TEMA antes de que conclúa o mes de setembro. Transcurrido
dito prazo non se admitirán cambios sobre a desisión de seguir ou non a
avaliación continua.

A cualificación
obtida na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do
curso académico. Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre
o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode
obterse no exame final será de 6, sumándose á puntuación obtida no
devandito exame á que correspondese na avaliación continua. Para que esta suma
teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 3 sobre 6
no exame final.

En todas as
convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas
(resolución
de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta. Este tipo de probas
de resposta curta poderá consistir, no seu caso, no desenvolvemento da
explicación dunha materia de forma pormenorizada. O que non se pedirá ao
alumnado é o desenvolvemento total e méramente teórico dos contidos dun
tema completo do programa.

Por acordo da Xunta de Facultade, os/as estudantes
que non sigan a avaliaicón continua terán dereito a un exame final
teórico-práctico  sobre o 100% da nota, distinto do anterior, no que se avaliará a adquisición
de todas as competencias globais da materia.

Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame:
Os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a totalidade
dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: o 100% da
calificación virá determinada polo resultado do exame
teórico-práctico.

As datas e horarios das probas de avaliación das
diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas
de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es/?***lang=é












Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000