Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Políticas económicas
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Capacidade para identificar os principais agregados que definen os obxectivos de política económica e as políticas para alcanzalos, distinguindo entre políticas macro e microeconómicas. Ademais, o alumnado comprnderá o papel do diñeiro e das institucións monetarias, así como os mecanismos de transmisión da política monetaria nunha economía pechada e nunha economía aberta con diferentes réximes cambiarios.
Capacidade de analizar e discutir as recentes decisións de política económica que levaron a cabo as diferentes institucións públicas e en que medida a actual crise económica condicionou tales decisións e limitou os seus efectos.
Comprensión dos efectos e limitacións da política fiscal.
Capacidade de interpretar os informes das principais institucións económicas relativos á política económica e manexar e analizar os principais datos que ofrecen as estatísticas económicas relativas a estes temas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000