Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Políticas económicas
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Os alumnos/as son capaces de identificar os principais agregados que definen os obxectivos de política económica e as políticas para alcanzalos, distinguindo entre políticas macro e microeconómicas. Ademais, o alumnos/as han de comprender o papel do diñeiro e das institucións monetarias, así como os mecanismos de transmisión da política monetaria nunha economía pechada e nunha economía aberta con diferentes réximes cambiarios.
Os alumnos/as son capaces de analizar e discutir as recentes decisións de política económica que levaron a cabo as diferentes institucións públicas e en que medida a actual crise económica condicionou tales decisións e limitou os seus efectos.
Os alumnos/as comprenden os efectos e limitacións da política fiscal.
Os alumnos/as son capaces de interpretar os informes das principais institucións económicas relativos á política económica e manexar e analizar os principais datos que ofrecen as estatísticas económicas relativas a estes temas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000