Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA
O sistema de avaliación continua consistirá na asistencia a clase e nun exame final.
Valorarase positivamente á asistencia ás clases prácticas ao longo do curso, outorgándose 2 puntos na cualificación final a quen asista como mínimo ao 80% das clases prácticas. No caso de que por calquera causa o/a alumno/a non poida asistir ao 80%, non poderá acollerse ao sistema de avaliación continua, debendo someterse a un único exame final.
20 A2
A3
A5
Exame de preguntas obxectivas Para quen se someta á avaliación continua, o exame final puntuarase sobre un máximo de 8 puntos.
O exame final comprenderá a totalidade do temario e constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 4 puntos cada unha delas. A parte teórica consistirá en probas tipo test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes.
O exame final celebrarase na data oficial da convocatoria ordinaria para a primeira oportunidade, atendendo ao calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2018-2019.
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma das puntuacións antes indicadas en cada parte (asistencias ás clases prácticas + parte teórica do exame + parte práctica do exame).
Mediante estas probas avalíanse os seguintes resultados da aprendizaxe: coñecer o significado e a función do Dereito penal, coñecer as fontes do Dereito penal, utilizar os diferentes métodos de interpretación xurídica aplicados ao Dereito penal, coñecer, comprender, interpretar e analizar adecuadamente as categorías e conceptos da Teoría xeral do delito, coñecer e comprender os problemas sobre os concursos de leis e delitos, resolver supostos prácticos en materia penal, manexando adecuadamente as aportacións doutrinais e xurisprudenciais para fundamentar xuridicamente a solución.
80 A2
A3
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.   CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1.ª EDICIÓN DE ACTAS

a)   SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

Descríbese
nos apartados anteriores.

b)  SISTEMA DE EXAME FINAL

Para quen
non opte polo sistema de avaliación continua, a avaliación da materia
consistirá nun único exame final, na data fixada no calendario oficial aprobado
pola Xunta de Facultade para o curso 2018-2019.

O devandito
exame, que comprenderá a totalidade do temario e constitúe o 100% da
cualificación da materia, constará de dúas partes, unha teórica e outra
práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada unha delas. A parte teórica
consistirá en



probas tipo
test, para cuxa cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan
as incorrectas, non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica
consistirá na resolución dun ou varios casos prácticos. A cualificación final
do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para
superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da
cualificación de ámbalas dúas partes.

 

2.      CRITERIOS
DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 2.ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA



A avaliación da materia consistirá nun único exame
final, na data fixada no calendario oficial aprobado pola Xunta de Facultade
para o curso 2018-2019.

 O devandito exame, que comprenderá a totalidade do
temario e constitúe o 100% da cualificación da materia, constará de dúas
partes, unha teórica e outra práctica, que se cualificarán de 0 a 5 puntos cada
unha delas. A parte teórica consistirá en probas tipo test, para cuxa
cualificación as respostas correctas suman o mesmo que restan as incorrectas,
non puntuando as deixadas en branco. A parte práctica consistirá na resolución
dun ou varios casos prácticos. A cualificación final do exame será a suma das
cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é
necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas
partes.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000