Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Metodoloxías docentes que se manteñen: mantéñense todas as metodoloxías docentes. Levaránse a cabo utilizando os recursos telemáticos postos á disposición pola Universidade de Vigo: plataforma de teledocencia, aulas e despachos virtuais no campus remoto-integra.

Metodoloxías docentes que se modifican: non se modifica ningunha metodoloxía docente.

Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías): atenderase, previa cita -concertada mediante correo electrónico-, ou ben a través de correo electrónico ou ben a través de despacho virtual no campus remoto-integra da Universidad de Vigo.

Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir: non se modifican os contidos a impartir.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe: non se require bibliografía adicional. Por esta razón recoméndase ao alumnado que adquira, polo menos, o manual de referencia da materia, LUZÓN PEÑA, Diego-Manuel, Lecciones de Derecho penal. Parte general, 3.ª ed., Tirant lo Blanch, Valencia, 2016, e o Libro de casos prácticos LUZÓN PEÑA, Diego-Manuel (dir.), Derecho Penal en Casos Parte General -Estudio Analítico-práctico-, Tirant lo Blanch, Valencia, 2018. Ámbolos dous libros están sinalados na bibliografía contida na guía docente e poden adquirirse en formato físico e/ou dixital.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Non é necesaria ningunha adaptación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000