Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Contabilidade financeira I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática por parte do docente co obxectivo de rexistrar as
manifestacións do comportamento do alumnado. Trátase de valorar aprendizaxes e accións
e como levan a cabo valorando a orde, precisión, destreza, eficacia...
10 A2
A3
A4
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre algúns aspectos teóricos. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia con respostas relativamente extensas. 20 A2
A3
A4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que ou alumno/a debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor/a. E este modo, o alumno debe aplicar os
coñecementos que adquiriu.
70 A2
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Durante o curso o alumno será obxecto de avaliación a través de probas escritas de desenvolvemento, de resolución de problemas e exercicios, así como da realización de actividades na aula que serán computadas e rexistradas a través da observación sistemática por parte do profesor. 

As preguntas de desenvolvemento avalían o nivel de coñecementos teóricos e supón o 20% da cualificación da materia. Durante o curso, avaliarase a disposición do alumno ante a materia (asistencia, participación, actitude, ...) que será rexistrada a través dunhas cualificacións que suporá até o 10% da cualificación final. O 70% restante da cualificación da materia por avaliación continua derivarase dun exame escrito que se celebrará ao final do curso, nas datas oficiais establecidas polo centro, na que se avaliarán as destrezas do alumno a través da resolución de problemas e/ou exercicios.  

Para superar a materia no proceso de avaliación continua será preciso obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba que avalía as destrezas a través da resolución de problemas e ou exercicios.  En caso contrario, a nota máxima global que se poderá obter por avaliación continua é un 4,5.  

Para a convocatoria extraordinaria de xullo manteranse as cualificacións correspondentes á Observación sistemática e á do Exame de preguntas de desenvolvemento, polo que esta proba será o 70% da nota final.

Avaliación global

Si o alumno non desexa ser valorado polo anteriormente descrito proceso de avaliación continua, deberá comunicar por correo electrónico ao profesor coordinador,  antes do 1 de outubro, o seu desexo de avaliarse a través dunha única proba. Esta proba, na que se poderá obter até un total de 10 puntos, conterá preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas e/ou exercicios e será realizada, na convocatoria ordinaria e na extraordinaria, nas datas oficiais establecidas polo centro. 

Exame de Fin de Carreira

Os alumnos que concorran a esta convocatoria serán avaliados co mesmo criterio descrito no apartado de avaliación global.

As datas dos exames oficiais deberán ser consultadas na páxina web da Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000