Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba para a avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre os temas do programa da asignatura. Os/as alumnos/as deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia en respostas extensas ás preguntas formuladas. 70 A2
A3
Estudo de casos/análisis de situacións Esta proba inclúe a realización de casos prácticos (15%) e dun traballo (10%).
Casos prácticos: Evaluación dos casos prácticos planteados na aula, que se realizarán de forma individual ou en grupo, segundo a proposta do/a profesor/a: 15%.
Traballo: Elaboración en grupo e exposición individual dun traballo sobre contidos da asignatura propostos polo/a profesor/a: 10%. Nesta proba se valorará, na súa elaboración, ademáis do contido, o cumplimiento de certas formalidades (extensión, tipo de letra, interlineado, índice que incluya unha introdución e bibliografía, e notas a pé de páxina) e, na súa exposición, a fluidez, o empleo de terminoloxía xurídica, que sexa exposto de memoria e a capacidade de resolver dúbidas formuladas polos/as compañeiros/as e o/a profesor/a.
25 A2
Probas de autoavaliación Os/as alumnos/as se evalúan a través de preguntas que se formulan entre eles en base a un traballo previo que habrá de facer individualmente cada alumno/a, no que plantexarán e resolverán vinte preguntas relativas aos temas expostos na aula hasta a data. O 100% da calificación será a suma da nota dada polo/a compañeiro/a (50%) e do/a profesor/a (50%). 5 A2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Enténdese, como regla xeral, que os/as alumnos/as optan polo sistema de evaluación continua. O/A alumno/a deberá obter na proba de contidos, como mínimo, un 3 sobre 10 en cada pregunta formulada -nunha delas será posible elexir entre dous opcións- e, para poder compensar a parte teórica con a parte práctica, deberá alcanzar, como mínimo, un 3 sobre dez na proba práctica da asignatura -integrada polos casos prácticos, traballo/s e/ou exposicións e unha proba de autoevaluación- e un 4 sobre dez na proba de contidos. A proba de contidos ten un valor do 70% da calificación; o estudo dos casos prácticos un 15 %; as exposicións individuais de traballos realizados en grupo teñen un valor do 10%; e a proba de autoevaluación ten un valor do 5% da calificación da asignatura. O/A alumno/a que non se acolla ao sistema de evaluación continua por deixala ou por no poder asistir deberá facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa que aos/ás alumnos/as que siguen o sistema de evaluación continua incrementadas en unha, con un valor do 70% da calificación e, además, un/uns caso/s prácticos cun valor do 30% da calificación. O/A alumno/a deberá obter, como mínimo, un 3 sobre dez en cada pregunta da proba de contidos e, para poder compensar a parte teórica e práctica, un 3 sobre dez nel/os caso/s e un 4 sobre dez na proba de contidos. No mesmo curso gardaránse as notas da evaluación continua do segundo período para xuño/xullo. Convocatoria Fin de carrera: Os/As alumnos/as deberán facer unha proba final na que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, iguais preguntas de resposta longa incrementadas en unha respecto de aqueles que opten pola evaluación continua cun valor do 70% da calificación e, ademáis, un/s caso/s prácticos cun valor do 30% da calificación. Deberá obter, como mínimo un 3 sobre dez en cada pregunta da proba de contidos e, para poder compensar a parte teórica e práctica, un 3 sobre dez nel/es caso/s e un 4 sobre dez na proba de contidos. Alumnos/as con necesidades especiais: Se realizará a adaptación curricular dacordo con o suxerido polo coordinador de discapacidade segundo os protocolos da Universidade. As datas e horarios das probas de evaluación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de evaluación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2017/2018. A reseña bibliográfica que se inclúe nesta guía docente ten por obxecto facilitar aos/ás alumnos/as unha lista aberta de posibles manuais sobre os contidos da materia, cun carácter meramente informativo, aos que poidan acudir para completar as explicacións que proporcione o/a profesor/a na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000