Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Introdución ao dereito civil e dereito da persoa
   Contidos
Tema Subtema
Tema I:
O Dereito civil.
O Dereito e as súas clasificacións. Concepto de Dereito civil. O Código civil: sistemática, estrutura e contido. O Título Preliminar do Código civil: especial consideración da interpretación das normas. A lexislación civil especial. Formación histórica do Dereito civil.
Tema II: A codificación e os Dereitos civís territoriais A codificación e a progresiva descodificación. Os Dereitos civís territoriais e o Código civil. O Dereito civil de Galicia. Lexislación civil especial de Galicia.
Tema III: A persoa, en xeral.
Dereito civil e Dereito da persoa. Concepto e clases de persoa. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Os Dereitos da personalidade: consideracións xerais. En particular: O Dereito á vida e á integridade física. O Dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe.
Tema IV: A persoa física.
Comezo da personalidade: o nacemento. A protección xurídica do nasciturus. Fin da personalidade: a morte. A maioría de idade. A menor idade: capacidade de obrar e responsabilidade. A emancipación.
Tema V: A incapacitación.
Significado da incapacitación. Concepto e caracteres. Causas de incapacitación. Requisitos e procedemento de incapacitación. A incapacitación de menores. Efectos da declaración xudicial de incapacidade. Internamento do presunto incapaz. A prodigalidad: procedemento e efectos.
Tema VI: A nacionalidade e a veciñanza civil.

A nacionalidade: concepto. Adquisición da nacionalidade española: adquisición orixinaria (atribución e dereito de opción) e non orixinaria (dereito de opción, carta de natureza, residencia). A consolidación da nacionalidade española. Perda da nacionalidade española. Recuperación da nacionalidade española. Dobre nacionalidade. Proba da nacionalidade española. A veciñanza civil: concepto e réxime xurídico (adquisición, perda e proba).
Tema VII: O domicilio.

Concepto e significado. Clases de domicilio. Pluralidade de domicilios e falta de domicilio. A ausencia: concepto e relevancia xurídica. A defensa do desaparecido. A ausencia non declarada no Dereito civil galego. A ausencia legal: requisitos, efectos e terminación. A declaración de falecemento: requisitos, efectos e cesación.
Tema VIII: O Rexistro Civil.
O Rexistro civil: concepto, significado e lexislación. Características xerais. Feitos inscribibles. Principios do Rexistro civil. Estrutura do Rexistro civil. Títulos que acceden ao Rexistro civil, control de legalidade. Asentos do Rexistro civil. Publicidade do Rexistro civil.
Tema IX: A persoa xurídica. Concepto, función e significado. Abuso da persoa xurídica e levantamento do veo. Clases de persoas xurídicas. Constitución, adquisición e extinción da personalidade. Capacidade da persoa xurídica. Representación, domicilio e nacionalidade. Extinción da persoa xurídica. A asociación: concepto e regulación. Órganos. A fundación: concepto e regulación. Constitución da fundación. Órganos. Extinción e liquidación.
Tema X: As cousas. Concepto e requisitos. Clasificación. Bens de dominio público e de propiedade privada. O patrimonio.
Tema XI: O dereito subxectivo. Dereito subxectivo e relación xurídica: concepto. O Dereito subxectivo: clasificación. Exercicio dos dereitos subxectivos. Límites dos dereitos subxectivos: clasificación. A boa fe. O abuso do dereito. A doutrina dos propios actos. Límitaciones temporais: a prescrición e a caducidade.
Tema XII: Feitos, actos e negocios xurídicos. A representación.
O feito xurídico e o acto xurídico. O negocio xurídico: concepto e clases. Elementos esenciais do negocio xurídico: obxecto, causa, forma e declaración de vontade. Elementos accidentais do negocio: condición, termo e modo. Os vicios da vontade. Ineficacia do negocio xurídico. A representación: concepto e clases. Apoderamiento e ratificación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000