Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en grupos pequenos, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Esta actividade pode desenvolverse de forma presencial (directamente na aula e nos momentos que o profesor ten asignados a titorías de despacho). A atención personalizada ao alumnado poderá realizarse, no seu caso, por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, despacho virtual, etc.) baixo a modalidade de concertación previa.
Probas Descrición
Traballo Actividade académica desenvolvida polo profesorado, individual ou en pequeno grupo, que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa elaboración de traballos sobre temas das materia propostos polo profesorado. A atención personalizada ao alumnado poderá realizarse, no seu caso, por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, despacho virtual, etc.) baixo a modalidade de concertación previa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000