Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito (8 puntos). Realizarase en dous partes: un exame parcial e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.

O estudantado que supere o exame parcial (alcance polo menos 1,5 puntos sobre 4), só terá que examinarse, na proba final, dos temas restantes do programa. Quen non supere o exame parcial terá que examinarse de toda a materia na proba final.

A proba final constará de dous partes (a primeira corresponderase cos temas do exame do parcial, e a segunda, cos restantes temas do programa) cada unha das cales se valorará sobre 4 (é condición necesaria obter como mínimo 1,5 puntos en cada parte para poder aprobar a materia, sendo necesario obter 4 puntos ou mais para aprobar o exame e poder sumar esta nota á avaliación continua). A nota do exame obterase da media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte. Esta nota sumarase á avaliación continua (si cúmprense os requisitos anteriores) e apróbase cunha nota de 5 puntos ou mais.
80
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudantado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua ou alternativamente optar a ser avaliado cun exame final que permita alcanzar o 100% da nota máxima. 


En caso de optar pola avaliación continua (a cal levará a cabo mediante o sistema de avaliación descrito anteriormente) o exame da convocatoria oficial será parte da mesma do mesmo xeito que o resto de probas/exames que se realizan ao longo do cuadrimestre. En calquera caso, a nota do exame realizado na convocatoria oficial prevalecerá como cualificación final si esta fose superior á  obtida mediante o sistema de avaliación continua.

Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos.

A data oficial dos exames da materia pódense consultar na seguinte web: http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html

Na convocatoria extraordinaria de xullo mantense o mesmo sistema de avaliación que na convocatoria ordinaria.

Na convocatoria de fin de carreira o exame suporá o 100% da avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000