Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Microeconomía
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
– Lograr o manexo, por parte do estudantado, dos conceptos básicos da análise microeconómica, de modo que para abordar preguntas económicas sexan capaces de construír razoamentos económicos sinxelos que, mediante unha representación simplificada da realidade, permitan tratar adecuadamente o problema.
– Desenvolver a capacidade para analizar os efectos dos cambios no medio económico sobre o comportamento dos axentes e a súa consecuente repercusión nos mercados.
– Espertar o interese do alumnado respecto á análise dos efectos das políticas microeconómicas, de modo que ante a aplicación dun novo instrumento de política económica sexan capaces de formar unha opinión fundamentada sobre a súa eficacia na consecución dos obxectivos para os cales se formulou.
Ademais, fomentar o traballo en equipo e potenciar habilidades para expresar e defender de forma coherente argumentos en público.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000