Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Historia: Historia do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Probas nas que se presentan situacións ou problemáticas xa dadas ou que poden darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións da situación etc.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é lograr que o alumno/a obteña un coñecemento da Historia do Dereito español e das institucións politico-administrativas desde a antigüidade ata o Dereito actual.
É obrigatorio a asistencia efectiva ao 75% das clases prácticas.
A avaliación destes casos farase recollendo tres prácticas de forma aleatoria.
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre o contido da materia. A resposta debe ser extensa. A proba será oral, e realizaráse ao final do cuadrimestre, na data aprobada pola Xunta de Facultade do Centro. Para aprobar, é necesario obter nesta proba, a nota mínima dun 2 sobre 4. Unha resposta en branco ou calificada con 0 puntos, impedirá a superación desta proba. Unha vez obtida, poderanse acumular a ela, as restantes cualificacións das demais metodoloxías.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é lograr que o alumno/a obteña un coñecemento da Historia do Dereito español l e das institucións politico-administrativas desde a antigüidade ata o Dereito actual.

40
Traballo Nesta proba solicitaráse a realización dun traballo en equipo, e a súa exposición pública, dun tema concreto asignado polo profesor/a (así como a previa entrega do mesmo por escrito). Avaliaráse o contido e a exposición oral ante o profesor/a e o resto dos compañeiros.

Resultados de aprendizaxe: O obxectivo desta materia é lograr que o alumno/a obteña un coñecemento da Historia do Dereito español e das institucións politico-administrativas desde a antigüidade ata o Dereito actual
10
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Esta proba non é liberatoria da materia.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: será o resultado de sumar a nota obtida no exame de preguntas de desenvolvemento (segundo os requisitos anteriores) ás demais probas (casos, traballos e exame de preguntas obxectivas). 

 As cualificacións obtidas no estudo de casos/análises de situacións, nos traballos e no exame de preguntas obxectivas manteranse soamente nas probas da avaliación das convocatorias de maio-xuño/xullo do curso académico.

 No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado deberá presentarse en segunda oportunidade a un exame oral de preguntas de desenvolvemento que terá unha valoración do 70%, e ha de obterse un mínimo de 3,5 sobre 7. Neste caso poderá ser acumulada a avaliación continua, se a houbese.

 AVALIACIÓN FINAL: Os alumnos/as que por motivos persoais ou profesionais renuncien expresamente á avaliación continua, deberán facelo no prazo de dez días hábiles, unha vez pasado un mes desde o inicio do segundo cuadrimestre. Neste caso, perderán as cualificacións obtidas ata ese momento nas probas realizadas. Con todo, terán dereito ás seguintes opcións:

 - Nas probas de avaliación de maio-xuño/xullo, poderán realizar xunto co exame oral de resposta extensa (70% da nota) no que se esixe a obtención dunha nota mínima de 3,5 sobre 7, un estudo de casos, (20%) para poder optar ao 90% da cualificación total.

 - O 10% restante da cualificación obterase mediante un traballo obrigatorio fixado oportunamente polo docente. 

 Deste xeito, poderán conseguir o 100% da cualificación final. 

Esta opción realizarase a seguir do exame final. 

 Os alumnos que elixan a convocatoria  de fin  de carreira serán avaliados polo sistema de cualificación anterior, e aínda que non se lles conserva a nota de avaliación continua, por ser unha convocatoria de seguintes anos académicos, terán a oportunidade de poder realizar xunto ao exame final, as opcións antes mencionadas para obter o 100% da cualificación. 

 As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante, á que se dará publicidade mediante a súa publicación na páxina web do Centro, e no cronograma que se facilitará a través da plataforma informática.

 O alumnado Erasmus alleo que curse esta materia será avaliado mediante unha proba de preguntas obxectivas (tipo test que supoñerá o 40% da cualificación final, sempre que se obteña unha nota mínima de 2 sobre 4), unha proba oral de preguntas de desenvolvemento (30%), as prácticas (20%), e o traballo (10%). 

 Así mesmo, o alumnado con necesidades especiais poderá ter unha avaliación específica, de conformidade co disposto na normativa e Protocolo de Discapacidade da Uvigo. 

 Durante a realización das probas de avaliación o alumnado ten a obrigación de desenvolver un comportamento xurídico e eticamente correcto, tal como dispón o artigo 65 b) do Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, no que foron aprobados os Estatutos da Universidade de Vigo. E cumprir co establecido no artigo 47.2 f) da Resolución do 7 de maio de 2021 pola que se aproba o Regulamento de estudantes desta universidade. E o art. 39 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). 

 As titorías poden ser consultadas ou solicitadas na seguinte ligazón

https://matricula.uvigo.es/Docentes/Tutorias_Nuevos/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000