Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Historia: Historia do dereito
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===


No caso de non ser posible a modalidade de ensino presencial poderíase establecer un plan de continxencia mantendo os contidos, avaliación e titorías coa excepción de que estas se desenvolverán total ou parcialmente mediante as ferramentas telemáticas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, a través do campus remoto, correo electrónico e Faitic).
Neste caso o examen de preguntas de desenvolvemento que figura no apartado 7 relativo a Avaliación que literalmente di “Exame de preguntas de desenvolvemento que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que posúe sobre a materia. A resposta debe ser extensa. A proba realizarase ao final do cuadrimestre, na data aprobada pola Xunta de Facultade do Centro. Para aprobar, é necesario obter nesta, a nota mínima dun 3,5 sobre 7. Unha vez obtida poderanse acumular a ela, as restantes cualificacións das demais metodoloxías”.

Será substituida por “unha proba obxetiva tipo test a través da plataforma faitic, calificada do mesmo xeito, e dicir, ó 70% da calificación total. Sendo necesario igualmente obter nesta proba, a nota mínima dun 3,5 sobre 7. Unha vez obtida poderáse acumular a ela, as restantes cualificacións das demais metodoloxías.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000