Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumno na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo, achegarase ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.
No PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas-Grao en Dereito, esta materia impártese no 2º cuadrimestre do 1º curso e o profesorado responsable está integrado por: Raquel Arévalo Tomé e María Jesús López Miguens. |