Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba/s intermedia/s. Proba/s para avaliar a adquisición e comprensión de conceptos que se desenvolverá/n ao longo do curso (40%).

40
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas parciais. Realización de 2 probas para avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado sobre a materia e a aplicación dos mesmos na resolución e interpretación de problemas e situacións do ámbito empresarial (cada unha das probas: 30%). 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA E EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas:

1. Avaliación CONTINUA (AC): a nota final será a suma das notas obtidas na/s proba/s intermedia/s de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 40% sobre o total), e da nota obtida nas 2 probas
parciais realizadas, unha ao longo do cuadrimestre e a última na data do exame final (cunha ponderación do 30% cada unha delas). 

2. Avaliación GLOBAL (AG): exame final (100%).

IMPORTANTE
- O alumnado pode elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC) ou alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global (AG). 
- A avaliación por defecto é a AC. 
- O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo profesorado. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e a cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

- EC en primeira e segunda convocatoria

a. Avaliación: Na/s proba/s intermedia/s e parciais darase a coñecer a través de Moovi o contido a avaliar en cada proba.

b. Non é necesario obter unha nota mínima en cada parte.

c. A nota mínima para aprobar sitúase en 5 puntos sobre 10. 

d. As prácticas non son obrigatorias. 

 - EG en primeira, segunda convocatoria e convocatoria DE FIN DE CARRERA

a. O alumnado será avaliado mediante un exame que puntúa o 100% da cualificación final. A nota mínima para aprobar sitúase en 5 puntos sobre 10.

b. Este exame PODERÁ SER DIFERENTE e cun nivel de dificultade maior que o realizado baixo a opción de Avaliación CONTINUA. 

Aclaracións: 

- Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurará nas actas como "non presentados". 

- Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

- As datas e horas da última proba de AC e da proba de AG (de primeira, segunda convocatoria e fin de carreira) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

- O horario de titorías estará especificado na plataforma Moovi da asignatura.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000