Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Xestión de empresas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices do traballo, exercicios ou proxectos que debe desenvolver o estudante.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas, exercicios, casos prácticos e/o visualización de vídeos entre outros, relacionados coa materia. O alumnado debe realizalos de forma autónoma.
Resolución de problemas Resolución, de forma individual ou en grupo, de problemas, exercicios ou similares expostos, guiados e supervisados polo profesorado. Poderase avaliar a comprensión da materia por parte do alumnado a través das entregas realizadas e resoltas nas prácticas, a participación activa nas mesmas e/ou da realización dun cuestionario.
Estudo de casos Resolución, de forma individual ou en grupo, de casos prácticos, proxectos ou similares expostos, guiados e supervisados polo profesorado. Poderase avaliar a comprensión da materia por parte do alumnado a través das entregas realizadas e resoltas nas prácticas, a participación activa nas mesmas e/ou da realización dun cuestionario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000