Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Estatística: Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación Continua (AC): O alumnado terá tres probas de avaliación continua ao longo do cuadrimestre que consistirán na resolución de problemas e/ou exercicios cos pesos sobre a cualificación final que se indican: a primeira proba (AC1) terá un peso dun 40%, a segunda proba (AC2) terá un peso dun 20% e a terceira proba (AC3) terá un peso do 40%. A última destas probas terá lugar o mesmo día que a data oficial de AG da primeira oportunidade.

Avaliación Global (AG): O alumnado que desexe acollerse á AG só terá unha proba ao final do cuadrimestre que supoñerá o 100% da nota.
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.

  • AC. En caso de non renunciar á avaliación continua:
    • Avaliación: O alumnado terá tres probas de avaliación continua ao longo do cuadrimestre que consistirán na resolución de problemas e/ou exercicios cos pesos sobre a cualificación final que se indican:  a primeira proba (AC1) terá un peso dun 40%, a segunda proba (AC2) terá un peso dun 20% e a terceira proba (AC3) terá un peso do 40%. A última destas probas terá lugar o mesmo día que a data oficial de EG da primeira oportunidade.
    • Non haberá unha nota mínima en cada unha das partes.
    • A nota mínima para aprobar será de 5 puntos.
    • As prácticas non son obrigatorias.
    • Considerarase que o alumnado se ha presentado á avaliación continua cando se presentou a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade.
  • AG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre/convocatoria de maio- xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da nota. A nota mínima para aprobar será de 5 puntos. 
  • AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoria de Fin de Carreira. O alumnado será avaliado mediante unha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da nota. A nota mínima para aprobar será de 5 puntos. 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa).

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000