Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades Complementarias de traballo persoal (non presencial). Exercicios que demostren a capacidade autónoma de cada estudante. 20
Exame de preguntas obxectivas Actividades básicas de traballo persoal (presencial e non presencial) que inclue a realización de cuestionarios vinculados ás clases maxistrais e ás sesións prácticas de laboratorio. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades básicas de traballo persoal (presenciais ou non presenciais) consistentes en responder por escrito, de forma sintética, ás preguntas relevantes de cada tema do programa (desenvolto nas sesións maxistrais). 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Actividades complementarias (presencial ou non presencial) consistentes en relacionar os resultados do conxunto das actividades da materia, tanto dos contidos teóricos como prácticos. 30
Observación sistemática Neste Centro, avaliarase a actitude persoal do estudante que se verificará a través do seguimento periódico. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A Avaliación Continua é o sistema preferente para avaliar ao estudantado.

Durante o cuadrimestre establecerase un prazo para que o estudantado poda renunciar á Avaliación Continua. Neste caso, a súa cualificación se realizará mediante unha proba de avaliación global, cuxa data será establecida pola Facultade no calendario oficial de probas para cada oportunidade de avaliación. Nas probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) o estudantado poderá optar á máxima cualificación. As probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) poderán incluir preguntas de tipo test, de resposta curta ou de desenvolvemento, similares ás descritas no sistema de avaliación.

O estudantado que opte pola avaliación continua, poderá superar a materia antes da proba de avaliación global.

As datas para as probas de avaliación final serán as establecidas no Calendario oficial de cada Centro e publicadas na súas correspondentes páxinas web.

O horario de titorías será público na páxina MooVi da materia e, preferentemente, o procedemento para solicitalas será o de cita previa mediante correo electrónico.

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado: (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000