Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades Complementarias de traballo persoal (non presencial). Exercicios que demostren a capacidade autónoma de cada estudante. 20
Exame de preguntas obxectivas Actividades basicas de traballo persoal (presencial e non presencial) que inclue a realización de cuestionarios vinculados ás clases maxistrais e ás sesións prácticas de laboratorio. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades básicas de traballo persoal (presenciais ou non presenciais) consistentes en responder por escrito, de forma sintética, ás preguntas relevantes de cada tema do programa (desenvolto nas sesións maxistrais). 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Actividades complementarias (presencial ou non presencial) consistentes en relacionar os resultados do conxunto das actividades da materia, tanto dos contidos teóricos como prácticos. 30
Observación sistemática Nesta Centro, avaliarase a actitude persoal do estudante que se verificará a través do seguimento periódico. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cando o alumnado non aprobe a materia por avaliación continua, para superar a mesma deberá presentarse ao exame final da convocatoria ordinaria. Dito exame poderá incluir preguntas de tipo test, de resposta curta ou de desenvolvemento, similares ás descritas no sistema de avaliación. Dependendo da situación do alumnado (algúns seguindo a avaliación continua e outros con renuncia expresa a ela), o exame da convocatoria ordinaria terá diferente peso relativo na avaliación final, garantindo que, como mínimo, represente o 60 por cento da mesma (podería chegar ao 100%).

O exame correspondente ás demais convocatorias (extraordinaria, fin de carreira, etc.) seguirá o mesmo modelo e criterios de cualificación que o exame final da convocatoria ordinaria. 

As datas para os exames son as establecidas no Calendario oficial de cada Centro e publicadas na súas correspondentes páxinas web.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000