Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
– Adquirir coñecementos básicos para entender o funcionamento da economía mundial e española.
– Manexar a información proporcionada polas fontes estatísticas da economía mundial e de España.
– Sintetizar a información estatística en indicadores económicos relevantes.
– Consultar directamente as referencias bibliográficas.
– Elaborar e expoñer os resultados, empregando nun nivel básico os programas informáticos de cálculo, e realizar gráficos e presentacións.
– Redactar e sintetizar os resultados anteriores.
– Someter a contraste e discusión as ideas expostas nas leccións maxistrais.
– Revisar con certa periodicidade a evolución dos resultados acadados.
– Xestión persoal efectiva en termos de tempo, planificación e comportamento, motivación e iniciativa tanto individual como empresarial.
– Amosar motivación pola calidade e pola mellora continua.
- Habilidades de comunicación escrita e emisión de informes sobre situacións concretas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000