Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Economía: Economía española e mundial Código V03G720V01115
Titulacion
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Economía aplicada
Coordinador/a
Iglesias Malvido, Carlos
Correo-e calu@uvigo.gal
Profesorado
Iglesias Malvido, Carlos
Web http://https://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Economía Española e Mundial é unha materia básica do 2º cuadrimestre de GADE e 1º cuadrimestre do PCEO de ADE-Dereito da Universidade de Vigo. Consta dun total de 6 créditos ECTS, que se corresponden con 150 horas de traballo do estudante, das cales 50 son actividades presenciais, mentres que o resto serán actividades de traballo persoal.
Esta materia pretende iniciar ao estudante no coñecemento da Economía Aplicada, comenzando pola análise da Economía Mundial e Española. Trátase de que comprenda o funcionamento e estrutura da Economía Mundial e Española, facendo fincapé, por unha banda, nas diferencias entre Países Desenvolvidos e Países en vías de Desenvolvemento, e por outra banda, na estrutura económica de España.
Organízase en Actividades Básicas (AB) e Actividades Complementarias (AC). As AB son comúns para todos os Centros onde se imparte a titulación de ADE, mentres que as AC son específicas de cada centro.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000