Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Empresa: Fundamentos de administración
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Poderá valorarse a participación do alumnado, a súa capacidade de crítica, a súa capacidade expositiva na resolución de cuestions, actividades e/ou exercicios plantexados nas prácticas con esta finalidade. 0-40
Prácticas con apoio das TIC Valorase se o alumnado realizou as tarefas propostas (test de autoavaliación, lectura de textos, visualización de videos, búsqueda de noticias relacionadas coa materia...) 0-15
Foros de discusión Poderá valorarse a participación do alumnado, a sua capacidade crítica e de argumentación nos temas propostos polo profesorado 0-5
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliar as competencias adquiridas que incluen preguntas de corrección obxectiva sobre aspectos concretos da materia. Será necesario sacar unha nota mínima do 45% do valor destas probas para considerar o resto das partes avaliables.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación
continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o
procedemento e o prazo establecido polo profesorado. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que
resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa
tiveron lugar.

1. AVALIACIÓN CONTINUA (AC)*:

   A nota (N) obtida por este tipo de avaliación está composta pola alcanzada
nas posibles Actividades (A) propostas ao longo do cuadrimestre polo
profesorado así como en dous Parciais* (P) que consisten en dúas probas
escritas nas que se requirirá un mínimo para que poidan ser consideradas as
actividades anteriores. En concreto, as actividades A poden ser de tres tipos:
A1, A2 e A3, e a relación entre as tres notas (A, P e N), as súas puntuacións e
a súa descrición é a seguinte:

A (50%): A cualificación das actividades (A) obterase a través de tres posibles
tipos de actividades expostas como complementarias, e que poden consistir
en: 

 A1_Prácticas de laboratorio (entre 0-40%) 

A2_Prácticas/tarefas con apoio das TIC (entre 0-15%)

A3_Foros (entre 0-5%)

 A consideración conxunta das tres posibles actividades conformará o
valor  A=(A1+A2+ A3)  e terá un valor máximo de 5 puntos. Para iso,
si a suma  (A1+A2+A3) é igual ou superior a 5, asignarase o valor de A=5
e, si a suma é inferior a 5, asignarase o valor da suma A= A1+A2+A3.  En
consecuencia, o máximo posible alcanzable coa realización das actividades
propostas (A1+A2+A3=6) implicarían un máximo avaliable de A=5
.


P (50%)A cualificación obtida nos parciais (P) realizados ao longo do cuadrimestre
obtida como P=P1 (25%) +P2(25%), sendo P1 a nota da primeira proba deste tipo e
P2 a nota da segunda. A proba P2 realizarase o día da proba de avaliación
global da materia. 

 Na convocatoria ordinaria, a data na que se realice a proba P1 é a data
límite para renunciar á avaliación continua. O alumnado que se presente ao
parcial P1 está a asumir que vai ser avaliado a través de Avaliación Continua
renunciando, en consecuencia, á avaliación global.

Na convocatoria extraordinaria, o alumnado poderá solicitar o sistema de
avaliación non continua na data do exame.

 


N (100%): A cualificación da Avaliación Continua (N) calcúlase como N (100%) = P
(50%) + A (50%).
A nota obtida no primeiro parcial (P1) requirirá un mínimo (4,5 sobre 10
puntos) para liberar materia e a media dos parciais tamén debe ser dun mínimo de
4,5 sobre 10 puntos para poder sumar a nota obtida nas actividades (A). En caso
de non liberar materia, coa primeira proba (P1 menos de 4,5 sobre 10
puntos) será necesario a avaliación de toda a materia (P1 e P2) o día
da proba de avaliación global para obter a nota P asignada ás probas. Na medida
en que a nota P supere os 4,5 puntos sobre 10 poderase engadir a nota obtida
nas actividades (A) para o cálculo da nota final (N= P+A). 

 

2. AVALIACIÓN GLOBAL (EG)*:  

A nota obtida na proba de
avaliación global será o 100% da cualificación.

Na convocatoria de FIN DE CARREIRA a proba de avaliación global suporá o
100% da cualificación. 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como non presentados.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa )

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.

   

* En caso de superar a asignatura, valorarase con 0.25 puntos a
realización do curso virtual organizado pola Biblioteca central: Coñece
a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información
,
dirixido ao alumnado de 1º grao e que ten como obxectivo que o estudante
adquira os coñecementos básicos para buscar, analizar, seleccionar e organizar
a información de maneira eficiente, así como utilizar e comunicar a información
eficazmente de forma ética e legal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000