Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Dereito: Teoría do dereito
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Probas de carácter periódico destinadas a valorar a correcta comprensión e aplicación dos contidos da materia, a análise e o razoamento críticos.
Para superar a materia será preciso acadar nas probas una nota media de 5 puntos nesta parte da asignatura.
A avaliación desta parte da materia está dirixida a adquisición do resultado de aprendizaxe que figura no apartado segundo da guía docente
30 A1
A2
A3
A4
Observación sistemática Avaliación periódica das intervencións e capacidade de exposición, debate, comprensión e razoamento crítico na aula.
A avaliación desta parte da materia está dirixida a adquisición do resultado de aprendizaxe que figura no apartado segundo da guía docente
10 A3
A4
Exame de preguntas obxectivas Probas obxectivas dirixida a provocar a lembraza da aprendizaxe previa. Poderá consistir na realización dunha pregunta loga, de varias preguntas curtas e/ou nunha proba tipo test.
Realizaranse dúas probas probas parciais, de carácter xeral e da forma previamente descrita, ao longo do cuadrimestre.

Cada proba terá un valor do 30% e para superar a materia será necesario acadar en cada unha das probas un mínimo de 5 puntos.Con esta metodoloxía avalíase o resultado de aprendizaxe que figura no apartado segundo da guía docente.
60 A1
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN  PARA  ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS: Parte teórica e parte práctica: para superar a materia de Teoria do Dereito será necesario aprobar tanto a parte teórica como
a parte práctica. As probas están especificadas nos apartados anteriores, así como os resultados de aprendizaxe que se deben adquirir coa materia:

Requisitos para superar a avaliación continua: 

a) Parte teórica: superar cada una das probas obxectivas de avaliación e asistencia ao 80% das clases.

b) Parte práctica:

-Que a media das probas realizadas sexa de 5 puntos.

-Asistencia ao 80% das clases.

Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do curso académico,
habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado matriculado manifeste,
formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación continua

2.CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS.  Avaliación de competencias para os/as alumnos/as que
non se sometan á avaliación continua: proba obxectiva teórica (60%) e proba práctica (40%) consistente nun
exame final da materia que abarca contidos teórico-practicos. As competencias que deben adquirir os estudantes e os resultados de aprendizaxe son as descritas no primeiro apartado. Para superar a materia de Teoria do Dereito será necesario aprobar tanto a parte teórica como
a parte práctica

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA.  A adquisión de
competencias na segunda oportunidade avaliarase a través dunha proba
obxectiva consistente nun exame final de cada unha das partes nas que se divide a materia. Nas devanditas probas avaliaranse as competencias non adquiridas previamente así coma os resultados de aprendizaxe vinculados ás mesmas.

As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024 e documentación concordante.

As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado.

De ser necesario, por motivos excepcionais, precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales  precisións publicaranse no mesmo soporte telemático.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000