Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Os contidos da materia serán avaliados con duas probas de avalición escritas, ponderando cada unha un 25%. 50 B6
C3
C6
C12
Resolución de problemas A avaliación das follas de exercicios e das clases prácticas se realizarán en función da calidade das tarefas realizadas. A participación na clase tamén será valorada. 30 B2
B4
B6
C2
C8
C12
D5
D7
Traballo tutelado A valoración do traballo tutelado estará en función do contido, dos aspectos formais do mesmo e das exposicións realizadas. 20 B2
B4
C8
D2
D4
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación
continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global
(AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento
e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito
de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á
cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron
lugar. 


• AC.  En caso de non renunciar á avaliación continua, a avaliación farase en función das seguintes tarefas: 


- Realización ao longo do curso de 2 probas de avaliación, cunha ponderación do 25% cada una. A segunda destas probas terá lugar o mesmo día que a data oficial de AG de primeira oportunidade (nesta data tamén poderase repetir a primeira proba si o alumno ou alumna o desexa). Se non se acada unha nota mínima de 4 na media de ambas probas, a nota final da materia nunca será superior a 4. Se non se aproba a materia na primeira oportunidade, na segunda oportunidade se avaliaran os contidos de ambas probas, cunha ponderación do 50%. 


- Calidade das follas de exercicios presentadas e das tarefas realizadas nas clases prácticas (e necesaria a asistencia as clases prácticas para que se avalíen as tarefas realizadas nestas clases), cunha ponderación do 30%. Esta nota gardarase para a segunda oportunidade. 


- Desenrolo en grupo de 3 habilidades relacionadas coa presentación de contidos (presentación presencial, vídeo e póster), cunha ponderación do 20%. Valorarase a presentación e a calidade dos contidos. Esta nota gardarase para a segunda oportunidade. 


• AG en primeira oportunidade (convocatoria de febreiro I cuadrimestre/convocatoria de maio-xuño II cuadrimestre). O alumnado será avaliado mediante unha única proba que ponderará o 100%. 


• AG na segunda oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo) e na convocatoriade Fin de Carreira, o alumnado será avaliado mediante unha única proba que ponderará o 100%.
 


Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como “non presentados”. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 


As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000