Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentación Os alumnos terán que realizar un traballo no que revisarán algún caso de competencia que haberán de presentar. Para presentar o traballo é imprescindible asistir polo menos a 2/3 das clases. 20 CE8
CT2
CT4
CT5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial temas 1 a 4. 40 CE3
CE6
CE7
CE9
CE10
CT5
Exame de preguntas obxectivas Proba parcial temas 5 a 8. 40 CE3
CE6
CE7
CE9
CE10
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante poderá optar entre (1) avaliación continua ou (2) exame global.


1. Avaliación continua. Neste caso a cualificación obterase do seguinte modo:

  • 20% coa realización e
    presentación dun traballo no que se revisará algún caso de competencia.
    Para un adecuado desenvolvemento do traballo é preciso que se coñezan os
    contidos da materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir
    polo menos a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só se se cumpre este requisito,
    poderase presentar o traballo.
  • 40% coa realización dunha
    proba parcial dos
    temas 1 a 4.
  • 40% coa realización dunha
    proba parcial dos
    temas 5 a 8.
Para poder aprobar a
materia a cualificación obtida ha de ser maior ou igual a 5 puntos, sendo
ademais imprescindible obter en cada unha das dúas probas parciais unha
puntuación igual ou superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se alcanza esa puntuación
nalgunha das dúas probas parciais, poderase recuperar a parte
correspondente no exame que se celebrará na data oficial recollida na
páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Si tampouco se alcanza esa puntuación nese
exame (ou non se presenta ao exame), a nota final máxima da materia será
de 4 puntos.


2. Exame global: O
exame celebrarase na data
oficial recollida na páxina web da facultade e suporá o 100% da nota. O exame incluirá preguntas relativas aos contidos
teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo do curso, ademais dalgún caso
de competencia.


Exame de fin de carreira: O exame de fin de carreira suporá o 100% da nota.


Datas de exames: Poden ser consultadas na páxina web da facultade. http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000