Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Fundamentos económicos da defensa da competencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Os alumnos terán que realizar un traballo no que revisarán algún caso de competencia que haberán de presentar. Para presentar o traballo é imprescindible asistir polo menos a 2/3 das clases. 20 C8
D2
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 40 C3
C6
C7
C9
C10
Resolución de problemas e/ou exercicios Os controis periódicos (20% da cualificación final) e o exame final (60% da cualificación final) estarán integrado por preguntas curtas (relativas a contidos teóricos e prácticos) e problemas. 40 C3
C6
C7
C9
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante poderá optar entre avaliación continua ou exame global da
materia. Serán avaliados a través dun exame global (1) os estudantes
que non se presenten a ningunha proba de avaliación continua e (2) os
estudantes que renuncien á avaliación continua antes do 12 de marzo.

Avaliación continua

  • Un 20% da cualificación obterase pola realización e presentación dun traballo no
    que os estudantes revisarán algún caso de competencia. Para un adecuado
    desenvolvemento do traballo é preciso que os alumnos coñezan os contidos da
    materia. Por iso, para presentar o traballo é preciso asistir polo menos
    a 2/3 das clases teóricas e prácticas. Só os alumnos que cumpran este requisito
    poderán presentar o traballo.
  • Un 20% da cualificación obterase por controis periódicos.
  • O 60% restante obterase por un exame global. Para poder aprobar a
    materia será imprescindible obter no exame unha puntuación igual ou
    superior a 4 puntos (sobre 10). Si non se cumpre esa condición, a nota final
    máxima da materia será de 4,5 puntos.

Como regra xeral, o exame suporá o 60%
da nota. Con todo, aqueles estudantes que superen os controis
periódicos, obtendo 5 ou máis puntos (sobre 10), poderán optar por non
presentarse ao exame final. Nese caso a nota media dos controis
suporá un 80% da nota final.

A nota final do que non se presente ao exame será a nota obtida coas restantes probas de
avaliación continua.

Exame global

O exame incluirá
preguntas relativas aos contidos teóricos e prácticos desenvolvidos ao
longo do curso, ademais dalgún caso de competencia.

Exame de fin de carreira

O exame de fin de carreira suporá o
100% da nota.

As datas dos exames poden ser consultadas na
páxina web da Facultade. http://fccee.uvigo.es

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000