Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba I avaliación continua TEMAS 2 e 3 40 A5
B7
C6
C10
D5
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba II avaliación continua TEMAS 4 e 5 40 A5
B7
C6
C10
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Proba III avaliación continua TEMAS 1 a 5 20 A5
B7
C6
C10
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A materia poderá aprobarse por avaliación continua mediante a realización de tres probas cunha ponderación do 40%, 40% e 20%, respectivamente. A última destas probas terá lugar na data oficial da primeira oportunidade da proba de avaliación global. Agora ben, para a realización da media aritmética entre o tres probas e poder aprobar por avaliación continua, será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos nas dúas primeiras probas, as que teñen unha ponderación do 40%.

No caso de que o alumno renuncie á avaliación continua ou non cumpra os requisitos mínimos establecidos no parágrafo anterior, poderá realizar unha proba de avaliación global na data fixada no calendario oficial de exames para a convocatoria de primeira ou segunda oportunidade do curso 23-24.

Na convocatoria de fin de carreira haberá unha única proba de avaliación global.

As datas e horas das probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) estarán dispoñibles na páxina web da facultade http://fccee.uvigo.es
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000