Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Teoría de xogos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que as autoridades competentes (Goberno de España, Xunta de Galicia, universidade de Vigo) tivesen que tomar medidas que imposibilitasen a docencia presencial, os profesores desta materia tentaremos adaptarnos á nova situación seguindo as directrices que diten respecto diso.

En canto á metodoloxía docente nosa idea xeral é cambiar as clases presenciais por clases virtuais a través do campus remoto. Os contidos que se impartirían non se cambiarán e, por tanto, non se vai a necesitar nova bibliografía.

En canto ao sistema de avaliación a nosa idea é cambiar os exames presenciais por virtuais, que se realizarían a través dalgunha das plataformas que a universidade habilite a tales efectos (Moovi, etc). A ponderación das diversas probas non se cambiaría salvo circunstancias de forza maior (por exemplo, a universidade de Vigo durante o curso 2019-20 limitou a ponderación máxima do exame final).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000