Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Microeconomía avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo UN ensaio escrito (CORENTA POR CENTO da nota final) de non menos de 5000 palabras, baseado nunha aplicación dunha das tarefas do curso e que ten que axustarse ás normas dos Traballos de Fin de Grao da Facultade. 40 C6
C9
C13
D5
Exame de preguntas obxectivas DOAS probas tipo test (TRINTA POR CENTO da nota final) baseados nas listas de exercicios distribuídas tras cada clase teóricas e que deberás resolver pola túa conta. Os exames teranse lugar as semanas 7 e 12. 60 A2
A4
A5
B3
B4
B6
B7
C1
C2
C3
C5
C6
C9
C10
C11
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar. 

AC. En caso de non renunciar á avaliación continua: 

  • Avaliación:  UN ensaio (40%) e DÚAS probas, baseadas en preguntas tipo test (30% cada unha). 
  • Non existe nota mínima en cada parte. 

AG  no caso de renunciar á avaliación continua na convocatoria de febreiro, ou nas convocatorias extraordinaria de xullo, na convocatoria de Fin de Carreira, 

  • Avaliación: UNHA proba, baseadas en preguntas tipo test, que supón o 100% da nota. 
  • A proba realizarase na data oficial segundo recóllese na páxina web da facultade (http://fccee.uvigo.es). 

Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado.

As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023/24. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. 

O horario de titorías e o procedemento para solicitalas estará no MooVi da materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000