Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Economía política e das institucións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas realizaranse probas e/ou traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno. 60 C3
C5
C9
C10
D1
D2
D5
D6
D7
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas tipo test e preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 40 C3
C5
C9
C10
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

Nas clases prácticas realizaranse probas e/o traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno, que computará un 60% da nota final da materia. Ademais, haberá un exame final que supoñerá o 40% da nota final. É necesario aprobar o exame final para superar a materia.

O profesor asignará a cada alumno/a a tarefa que desenvolverá ao longo do curso nas clases prácticas (indicándolle a obra de referencia que lle corresponde a cada alumno/a).

Cada alumno poderá optar entre AVALIACIÓN CONTINUA ou AVALIACIÓN GLOBAL: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o/a estudante poderá optar a ser avaliado/a cunha proba de avaliación global que supoñerá o 100% da cualificación.

Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame supoñerá o 100% da cualificación.

Os horarios de titoría figurarán no Moovi da materia. As solicitudes cursaranse por correo electrónico.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000