Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía política e das institucións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas realizaranse probas e/ou traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno. 40 CE3
CE5
CE9
CE10
CT1
CT2
CT5
CT6
CT7
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas tipo test e preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 60 CE3
CE5
CE9
CE10
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Avaliación contínua: Nas clases prácticas realizaranse probas e/ou traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno, que computará un 40% da nota final da materia. Ademais, habrá un exame final que suporá o 60% da nota final.  É necesario aprobar o exame final para superar a materia. 

O profesor asignará a cada alumno a tarefa que desenvolverá ao longo do curso nas clases prácticas (indicándolle a obra de referencia que lle corresponde a cada alumno).

- Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser
avaliado cun exame global que suporá o 100% da cualificación.

Para aprobar a asignatura será necesario aprobar o examen final.

Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000