Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía política e das institucións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas realizaranse probas e/ou traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno. 40
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas tipo test e preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Avaliación contínua: Nas clases prácticas realizaranse probas e/ou traballos, consistentes na revisión, comprensión e exposición dunha obra de referencia sobre economía política por parte de cada alumno, que computará un 40% da nota final da materia. Ademais, habrá un exame final que suporá o 60% da nota final.  É necesario aprobar o exame final para superar a materia. 

O profesor asignará a cada alumno a tarefa que desenvolverá ao longo do curso nas clases prácticas (indicándolle a obra de referencia que lle corresponde a cada alumno).

- Alternativamente
ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser
avaliado cun exame global que suporá o 100% da cualificación.

Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas de exames deberán ser consultadas na páxina web da Facultade: http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000