Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Macroeconomía avanzada
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final sobre os contidos da materia. 50 A5
B7
C2
C5
C6
C10
D5
D6
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno debe solucionar unha serie de problemas plantexados polo profesor. O alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu nas sesións maxistrais e na resolución de exercicios. 50 A5
B7
C2
C5
C6
C10
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIóN

Seguindo a normativa vixente o
alumno podera optar entre dous sistemas de avaliación: avaliación continua ou
avaliación global única.

Avaliación continua: Nesta modalidade a nota final
da materia será a suma de varias probas de avaliación realizadas o longo do
curso:

  • Probas intermedias. O 50% da nota (ata 5 puntos)
    obterase da entrega de boletíns de exercicios así como de controis parciais que
    periódicamente se farán nas clases prácticas. A nota correspondente acadada
    durante o cuatrimestre nestas probas gardaranse para as convocatorias
    extraordinarias do presente curso académico.
  • Proba final. O 50% da nota (ata 5 puntos) obterase dun exame
    que avaliará a comprensión integrada da materia, tanto de contido teórico cómo
    práctico. Esta proba realizárase nas datas oficiais establecidas no calendario
    de exames, que pode ser ser consultado na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es.

Avaliación global única: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o
estudantado poderá optar a ser avaliado cun único exame final que suporá o 100%
da cualificación. Este exame terá contido tanto teórico como práctico, e
realizarase nas datas oficiais establecidas no calendario de exames, que pode
ser ser consultado na páxina web da Facultade http://fccee.uvigo.es.

Nas convocatorias extraordinarias tamén se pode optar polos dos
sistemas de avaliación. De seguir o método de avaliación continua, manterase a
nota das probas intermedias do presente curso.

Na convocatoria de fin de carreira o sistema de avaliación será o de
exame final único, que suporá o 100% da cualificación

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000