Lección maxistral |
En cada sesión, o docente presentará as cuestións máis relevantes de cada tema. Formulará a metodoloxia a seguir para interpretar as consecuencias e os efectos económicos da norma tributaria e resaltará a súa aplicación práctica |
Prácticas en aulas informáticas |
Realizaránse sesións prácticas que terán lugar en aula informática empregando a metodoloxía de "estudo de caso":
Así, para cada sesión proporánse casos a estudar individualmente (ou, de forma excepcional, en grupo).
Cada alumno deberá resolver e defender os casos plantexados.
Os alumnos disporán previamente dos enunciados dos casos a través da Plataforma Tema e deberán elaborar unha primeira proposta de solución xustificada que deberá ser entregada a través da Plataforma Tema antes do desenvolvemento da sesión presencial.
As sesións prácticas presenciais en aula de informática consistirán na resolución do caso proposto empregando as aplicacións informaticas e programas de axuda que facilita a Axencia Tributaria. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Cada semana, despois da sesión maxistral, abrirase un prazo para respostar a un formulario práctico dixital (de resposta curta ou test) na plataforma Faitic. Trátanse de actividades non presenciais que posibiliten o seguimento e avaliación do/a alumno/a e o seu preceso de aprendizaxe.
|