Educational guide 2021_22
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Grao en Economía
 Materias
  Benestar, equidade e xénero
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Benestar, equidade e xénero Código V03G100V01901
Titulacion
Grao en Economía
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía aplicada
Coordinador/a
del Río Otero, Coral
Correo-e crio@uvigo.es
Profesorado
del Río Otero, Coral
Web http://crio.webs.uvigo.es/
Descrición xeral Esta materia ten como principal obxectivo introducir ao alumnado na análise das desigualdades económicas, un tema de crecente relevancia nos debates públicos tanto nos países desenvolvidos como no mundo en desenvolvemento. No curso discútense os diferentes enfoques e ferramentas para a cuantificación de fenómenos relacionados coa equidade na distribución dos recursos económicos, tales como a desigualdade, a pobreza, ou a discriminación das mulleres e outros colectivos no mercado laboral. Discútense os principais problemas prácticos e conceptuais asociados coa cuantificación destes fenómenos, preséntanse os indicadores máis adecuados, dos que se analizan as súas propiedades, e estúdanse as tendencias actuais e as súas causas. En todo o curso incorpórase de forma transversal a perspectiva de xénero.
O curso ten unha orientación moi práctica, xa que se persegue que o/a estudante dispoña das ferramentas necesarias para ser capaz de interpretar de forma crítica os estudos e informes relacionados coa equidade. Tamén se pretende que sexa capaz de replicar os principais indicadores a partir de datos procedentes de enquisas de fogares, mediante o uso dun programa informático de libre acceso para a análise distributiva (DAD). Por iso, a realización dun breve informe sobre un problema distributivo no que se apliquen os coñecementos adquiridos, forma parte esencial do curso.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000