Guia docente 2022_23
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Benestar, equidade e xénero
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame sobre todo o temario 70 CE6
CE9
Traballo Elaboración dun informe empregando fontes de datos estatísticos dispoñibles, con programas informáticos específicos (Excel, DAD), no que se apliquen os coñecementos adquiridos. Presentación en clase das principais conclusións do informe. 30 CE6
CE8
CE9
CE13
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación.

Polo tanto, o alumnado terá
dúas opcións para superar a materia:

  1. Renunciar á
    avaliación continua e solicitar a avaliación mediante un exame final, que supón
    o 100% da nota, e que se celebrará na data oficial segundo se recolle na páxina
    web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Para renunciar á avaliación continua
    é necesario enviar un correo electrónico á docente da materia antes do 30 de
    outubro de 2022.

  2. Acollerse á avaliación continua, que consta de dúas partes:


a. Realización e presentación dun
informe (30%).
b. Un exame, que inclúe todos os
temas do programa, na data oficial segundo se recolle na páxina web da facultade, http://fccee.uvigo.es (70%).


Se a/o estudante non entrega ou non presenta o seu informe no prazo requirido,
deixará automaticamente a avaliación continua e pasará a ser avaliada/o
exclusivamente mediante o exame final. Tamén sairá da avaliación continua se no informe non supera o 40% da súa
puntuación máxima, pasando a ser avaliada/o exclusivamente mediante o exame final.

Moi importante: Para poder acollerse á avaliación
continua será necesario ter asistido, como mínimo, ao 75% das clases prácticas.

Na
convocatoria de Fin de Carreira o exame suporá o 100% da
cualificación.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000