Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A efectos prácticos, non se establece distinción entre prácticas de laboratorio e titorías en grupo. Para a valoración teranse en conta as actividades realizadas, como son :
desenvolvemento de temas mediante o uso de material bibliográfico e estatístico, participación activa no desenvolvemento da materia, realización de traballos, resolución de exercicios, cuestionarios, etc.
40 B2
B4
B5
B6
B7
C8
C9
C13
D2
D4
D5
D7
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse exames con preguntas obxectivas baseadas no temario da materia. Os alumnos/as deben mostrar un nivel adecuado de coñecementos para superar a materia. 60 B4
C3
C4
C5
C9
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles/as alumnos/as que opten polo sistema de avaliación continua, para superar a materia deben ter unha cualificación superior a catro puntos sobre dez tanto nas clases prácticas como no exame correspondente á docencia teórica. Ademais, a nota media entre clases prácticas e o exame teórico ha de ser igual ou superior a cinco puntos sobre dez. Para aqueles alumnos/as que así o soliciten, a cualificación das prácticas manterase nas distintas convocatorias do curso.

Os/as estudantes que renuncien ao sistema de avaliación continua, deberán comunicarllo ao profesor/a da materia nas primeiras semanas do cuadrimestre (unha vez iniciadas as clases prácticas).

Os/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua deberán obter unha cualificación igual ou superior a cinco puntos sobre dez no exame final, que incluirá a materia impartida na docencia teórica (60% de cualificación total) e na docencia práctica (40% da cualificación total). Neste exame final será posible obter a máxima cualificación (10) na materia.

Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

Os exames realizaranse nas datas oficiais establecidas polo órgano responsable. Poden consultarse na páxina web da Facultade de CC. Económicas e Empresariais:  http://fccee.uvigo.es/
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000